Quinta-feira, Junho 02, 2005

e na túa cabeZa eu non son naDa...

non te recordarei. nunca. e non é porque non queira. é porque te vas. e olvidareime de ti. outra vez a memoria xogarame unha mala pasada. e xa non pensarei en ti. e ti nunca saberás que soñei contigo moito antes de verte a primeira vez. e buscareite sen sabelo por tódolos sitios. sen acordarme de que xa te atopei. e marchas sen dicir nada. igual que apareciches. e nunca máis te verei. nin te mirarei. nin tropezarei contigo. perderaste para sempre. e sempre é tanto tempo que non o dou asimilado.

2 Comments:

Blogger maresia said...

muito bonito!

Qui Jun 02, 06:39:00 PM CEST  
Blogger TeRMi said...

non digas eso, hoxe Navaza despediuse de nos na fonte.... :D

Qui Jun 02, 10:06:00 PM CEST  

Enviar um comentário

<< Home